Coñécenos

A Fonte Fría é unha asociación aberta e voluntaria, que se caracteriza por organizar ao longo do ano diferentes actividades culturais e deportivas. Cabe salientar que dende a Asociación A Fonte Fría insistimos na investigación e divulgación da cultura popular galega nas súas diferentes manifestacións, especialmente no referido á nosa música tradicional, non esquecendo os nosos instrumentos autóctonos, bailes tradicionais ou o canto.

Deste xeito, a través do noso Grupo de Baile Embruxo presentamos ao público coreografías de ritmos elegantes marcando puntos ou ritmos rápidos, xa sexan de muiñeiras ou pandeiradas.

Por outra banda, contamos con Alecrín, unha formación que utiliza percusión e gaitas galegas, entre outros instrumentos, para as súas actuacións, concertos e desfiles.

O Coro Brisas conta con voces mixtas e cun amplo repertorio de cantares galegos que afondan na nosa tradición.

Se desexas saber cáles son os próximos eventos que celebraremos, só tes que consultar a nosa sección de novas e lembra que esta sección ten unha actualización constante.